Publicador de contidos

Publicador de contidos

Twitter relanza este luns o sistema de verificación de contas

Twitter relanza este luns o sistema de verificación de contas

Twitter Blue fará que os usuarios paguen 8 ou 11 euros, dependendo do dispositivo

O pasado novembro Elon Musk cancelou a marca de verificación 

G24.gal 12/12/2022 11:00

Twitter lanza hoxe o novo sistema de verificación de identidade de contas, coñecido como Twitter Blue, polo que os usuarios terán que pagar 8 ou 11 dólares ao mes, dependendo de se utilizan un dispositivo Android ou Apple.

Os consumidores da App que decidan pagar disporán dunha serie de beneficios. Estes consistirán en recibir menos publicidade, ter prioridade fronte a usuarios que non teñan a verificación e obter a posibilidade de publicar vídeos de maior duración.

Esta maneira de verificación resulta ser o segundo intento do novo dono de Twitter por relanzar o seu produto. Neste segundo sistema, Elon Musk marcou unha serie de condicións para verificar o perfil, entre as que se atopa a desaparición da marca azul ante calquera cambio na páxina do usuario ata a re-verificación da identidade.

O pasado novembro o dono da rede social cancelou a marca poucas horas despois do seu lanzamento e cando xa lucía en diversos perfís de empresas, entidades gobernamentais e personalidades.

O sistema de verificación anterior á chegada de Musk foi creado no 2009 co fin de garantir que detrás de contas influentes estaban as persoas ou institucións que dicían ser.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade