Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres persoas mortas e doce feridas polas tormentas en Córsega

Tres persoas mortas e doce feridas polas tormentas en Córsega

O temporal xa deixou a 45.000 fogares sen electricidade, estragos nas casas e dificultades na circulación

G24.gal 18/08/2022 12:33

Xa son tres persoas as que faleceron, entre elas unha nena de 13 anos, e doce as que quedaron feridas na illa mediterránea de Córsega polas fortes tormentas das últimas horas. Tormentas que están a azoutar boa parte de Francia.

Segundo o balance provisional das autoridades galas, os falecidos son unha muller de 72 anos, unha nena de 13 e un home de 46 anos. Ferido de gravidade está un cidadán italiano de 23 anos.

A menor faleceu cando unha árbore caeu encima do bungaló que ocupaba nun cámping en Sagone, mentres que a muller de 72 anos morreu nunha estrada, na praia de Liamone, en Coggia,  ao chocar un teito que saíu voando contra o vehículo que conducía.

O home de 46 anos morreu no cámping de Calvi, sen que se coñezan aínda as circunstancias concretas.

Desde este xoves pola mañá, fortes tormentas con ventos de ata 200 quilómetros por hora azoutaron a esta paradisíaca e turística illa francesa, no Mediterráneo.

A Prefectura, a delegación do Goberno, do Sur de Córsega alertou de que as tormentas están a provocar "importantes desfeitas e dificultando a circulación" e deixando a 45.000 fogares sen electricidade.

A Axencia Nacional de Meteoroloxía puxo en alerta laranxa por tormentas, o segundo nivel máis grave, o departamento de Pireneos Atlánticos, na zona do País Vasco francés, e hai tormentas menos inquietantes anunciadas en toda a fronte leste do país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade