Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home atricheirado nunha vila de Cidade Real mata dúas persoas antes de ser abatido

Un home atricheirado nunha vila de Cidade Real mata dúas persoas antes de ser abatido

O tiroteo iniciouse tras unha discusión entre o suposto autor e o seu pai

Ademais dos falecidos hai tres feridos, dous deles por arma de fogo

G24.gal 26/10/2022 13:30 Última actualización 26/10/2022 21:10

Un home de 50 anos que se atrincheirou nunha vivenda en Argamasilla de Calatrava (Cidade Real) matou dúas persoas e feriu outras tres antes de ser abatido pola Garda Civil.

Os falecidos son un axente da Policía Local da localidade e un tractorista que facía labores agrícolas nas inmediacións e os feridos un axente da Garda Civil, outro policía local e o pai do agresor, de 81 anos. Todos eles foron trasladados ao hospital de Puertollano.

O tiroteo, segundo fontes da Subdelegación do Goberno, produciuse sobre as 10:30 horas deste mércores tras unha discusión familiar entre o agresor e o seu pai nun chalé situado nos arredores de Argamasilla de Calatrava e ao pé da estrada CR-4116, que une esta localidade con Villamayor de Santiago onde se atrincheirou o home de 50 anos e comezou a disparar a todo o que pasaba pola zona.

Fontes sanitarias informaron a EFE de que o pai do agresor sofre feridas leves na cabeza e contusións, e atópase en observación, consciente e fóra de perigo.

Así mesmo, un axente da Garda Civil sufriu unha ferida por arma de fogo nunha perna, polo que ten que ser intervido, e atópase consciente e sen risco vital.

O terceiro ferido, un axente da Policía Local de Argamasilla de Calatrava, recibiu un disparo no abdome e tamén será operado, aínda que se atopa fóra de perigo. 

A investigación xudicial xa está aberta e o concello decretou tres días de loito oficial..

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade