Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres detidos por terrorismo tras a explosión dun coche fronte a un hospital en Liverpool

Tres detidos por terrorismo tras a explosión dun coche fronte a un hospital en Liverpool

O estoupido causou polo menos un morto e un ferido grave

G24.gal 14/11/2021 22:19

A policía británica investiga a explosión dun vehículo ás portas dun hospital. As vítimas son o condutor do turismo, que quedou ferido, e o único pasaxeiro do taxi, que morreu no momento.

Os tres detidos como sospeitosos de terrorismo son tres homes de 21, 26 e 29 anos, arrestados na área de Kensington, en Liverpool.

A investigación está aberta e mantéñense todas as hipóteses sobre a causa da explosión.

O suceso rexistrouse ás 11 da mañá hora británica (unha menos en Galicia) fronte ao hospital de mulleres de Liverpool. O turismo implicado era un taxi que parou no hospital pouco antes da explosión. A vida do ferido, que ingresou nun hospital, non corre perigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade