Publicador de contidos

Publicador de contidos

Traballo publicará os datos desagregados de fixos descontinuos

Traballo publicará os datos desagregados de fixos descontinuos

Estes empregados non aparecen nas cifras de desemprego, aínda que estean parados

Para a oposición, é unha forma de maquillar as cifras do paro

G24.gal 16/01/2023 14:42

A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, sinalou que se vai facer o que "non se fixo nunca", citando os distintos gobernos anteriores, e vanse desagregar e facer públicos os datos desagregados de fixos descontinuos.

"Hai moito interese", apuntou Díaz tras uns meses en que desde diversos servizos de estudos se reclamou ao Goberno que detalle, dentro da categoría de demandantes de emprego non ocupados, cantos son fixos descontinuos.

Os contratos fixos descontinuos cobraron relevancia tras a entrada en vigor da reforma laboral como alternativa ao uso dos temporais. Estes empregados non aparecen nas cifras de desemprego, aínda que estean parados. Para a oposición é unha forma de maquillar as cifras do paro. A ministra de Traballo e vicepresidenta segunda defende o sistema de cálculo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos