Publicador de contidos

Publicador de contidos

Traballo contra o reloxo nos supermercados para cambiar máis de 7.000 prezos

Traballo contra o reloxo nos supermercados para cambiar máis de 7.000 prezos

Nos novos tíckets de compra debe aparecer o prezo actualizado e o prezo co IVE  non rebaixado 

Teñen que estar marcados para o domingo, cando entra en vigor a medida do Goberno 
 

Natalia Penas G24.gal 30/12/2022 14:50

Traballo contra o reloxo nos supermercados para actualizar os prezos de máis de 7.000 produtos en apenas dous días. María Martínez, responsable de seguridade alimentaria de ASEDAS asegura que "vivimos outras subidas e baixadas de IVE pero con maior marxe de adaptación".

Todo un esforzo extraordinario que suporá que nalgúns establecementos se teñan que facer horas extras para ter todo listo a tempo. Así o aseguraban Juan Manuel Romero, responsable de zona de Eroski. "Necesitamos recursos de mans para facer este cambio porque no caso da alimentación hai que facelo etiqueta a etiqueta".

Ademais de actualizar os prezos nos liñais de venda, hai que actualizar os sistemas informáticos para que a partir do un de xaneiro os tíckets de compra reflictan tanto os novos prezos como  o que terían eses produtos sen a rebaixa do IVE.

“Os clientes poden estar seguros que a día dous xaneiro estarán todos os prezos actualizados”, asegura Juan Manuel Romero, responsable de zona de Eroski.

Dende o sector din que a  boa dirección, pero botan en falta que non se acompañe doutras como o tope ao prezo da enerxía ou dos carburantes, tal e como mantén a responsable de seguridade alimentaria de ASEDAS, María Martínez.

As grandes cadeas de supermercados tamén lamentan que a rebaixa do IVE non se aplique a outros produtos como a carne e o peixe. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade