Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un mozo mata a a tiros dez persoas nun ataque racista nun supermercado de Búfalo

Un mozo mata a a tiros dez persoas nun ataque racista nun supermercado de Búfalo

O sospeitoso do ataque está detido pola policía de Búfalo, cidade do Estado de Nova York

A policía investiga como crimes de odio os asasinatos, retransmitidos en directo polo autor, que colgou en Internet un manifesto de tintes supremacistas

G24.gal 14/05/2022 22:57 Última actualización 15/05/2022 16:11

Dez persoas morreron nun tiroteo nun supermercado na cidade de Búfalo, no Estado de Nova York.

Un home, detido pouco despois pola policía local, comezou a disparar de xeito indiscriminado contra os clientes dunha tenda situada nunha céntrica avenida da cidade. O tirador, que efectuou entre 20 e 30 disparos,  xa foi identificado e posto a disposición da xustiza. "Entendo os cargos", afirmou con tranquilidade, pero o mozo declarouse non culpable da acusación de homicidio en primeiro grao, que podería supoñer cadea perpetua.

Cunha cámara corporal retransmitiu en directo o ataque.

A policía confirmou as dez vítimas mortais e informou de tres feridos pero dixo que a súa vida non corre perigo.

Crime de odio

As autoridades investigan o tiroteo como un crime de odio ou un acto extremista de violencia con motivacións racistas. Das vítimas dos disparos, once son negros e dous de raza branca. Os investigadores avalían un manifesto racista colgado polo tirador en Internet, no que expón os seus motivos para a matanza, e refírese á "teoría da substitución ou gran troco", alentada pola ultradereita e que asegura que a poboación branca está a ser substituída por inmigrantes doutras razas.

O movemento extremista QAnon faise eco desta teoría.

O agresor chegou á tenda situada nun barrio de clase baixa en Búfalo e moi popular na zona, e disparou primeiro contra catro persoas no aparcamento, das que tres morreron. Despois entrou no súper e continuou a disparar. O garda de seguridade, un policía retirado, disparoulle pero ía con casco e chaleco antibalas. A protección repeleu os disparos. O garda é unha das vítimas mortais.

O tiroteo lembra o que se rexistrou en marzo de 2021 en Boulder, en Colorado. Daquela foran asasinadas dez persoas nunha tenda de comida.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade