Teresa Portela clasifícase para as finais do K2 e K4
Teresa Portela clasifícase para as finais do K2 e K4
O K4 de Carlos Arévalo e Rodrigo Germade gañou a súa serie e tamén se mete na final
Manuel Fontán terá que pelexar na semifinal do C1 500
Comezan no Canadá os Campionatos do Mundo de piragüismo na modalidade esprinte. Alí está Teresa Portela. Hai un ano estaba no Xapón gañando a medalla de prata na final olímpica do K1 200 metros nos seus sextos xogos olímpicos.
Nas dúas probas nas que participa pasou á final pola vía rápida. O K4 500, no que tamén monta a galega Carolina García, foi o segundo na eliminatoria,e gañou a serie no K2 200 o que lle permite evitar a quenda semifinal.
🔥 @teriportela y @OuzandeSara se clasifican para la final del K2 200 tras liderar su serie de principio a fin.
— PiragüismoEspaña (@RFEPiraguismo) August 3, 2022
🎙 “El sábado tendremos dos finales y queda hacer lo más importante el sábado”#SomosPalistas | #CanoESP pic.twitter.com/HtmI6XC8It
O K4 500 tiña que gañar a súa serie para ir directo á final e acadouno. O bote no que compiten o betanceiro Carlos Arévalo e o cangués Rodrigo Germade non deu opción aos rivais demostrando ser un dos favoritos á medalla.
Non tivo tanta sorte Manuel Fontán no C1 500. O quinto posto deixa as cousas complicadas e terá que mellorar as prestacións nas semifinais para meterse entre os oito mellores.