Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tellado cre que as eleccións andaluzas constatan o cambio de ciclo político en España

Tellado cre que as eleccións andaluzas constatan o cambio de ciclo político en España

O vicesecretario xeral de organización do PP di que a chegada de Núñez Feijóo á presidencia do partido está aumentando a súa base social

G24.gal 22/06/2022 08:42

O vicesecretario xeral de organización do PP Miguel Tellado considera que a maioría absoluta do PP en Andalucía constata un cambio de ciclo político en España, iniciado nos comicios galegos de 2020: 

"Dende as autonómicas galegas, o partido socialista perdeu tódolos procesos electorais que se foron sucedendo. Perderon as galegas, as eleccións en Madrid, as eleccións en Castela-León e agora as andaluzas. Eu creo que se pode tirar deses resultados unha lectura nacional. Nos dous últimos anos, ao partido principal dese Goberno e aos socios principais da coalición non lles vai ben electoralmente".

Nunha entrevista na Radio Galega, Tellado relacionou a caída de Ciudadanos coa chegada de Alberto Núñez Feijóo á presidencia do PP, que está aumentando a súa base electoral.

O vicesecretario de organización do PP non quixo pronunciarse sobre a posibilidade de pactar con VOX no caso de precisar apoios para gobernar. O político popular insistiu en que aspiran a ter suficientes apoios para evitar sentar a falar desa posibilidade.

Tellado referiuse tamén á dimisión de Mónica Oltra como vicepresidenta do Goberno valenciano, que considera era "obrigada" polo nivel de esixencia que Oltra mostrou con outros políticos imputados: "Era bastante difícil que a propia Oltra puidera continuar un día máis no seu posto, toda vez que ela ten esixido unhas pautas de actuación fronte ás actuacións xudiciais tan esixentes".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade