Publicador de contidos

Publicador de contidos

Támara Echegoyen comeza a carreira olímpica no Europeo de 49er

Támara Echegoyen comeza a carreira olímpica no Europeo de 49er

Un percance na terceira regata clasificatoria na que non puideron participar relegounas ao posto 29º

A outra galega, Patricia Suárez, ocupa o posto 24º despois dunha gran terceira regata

G24.gal 05/07/2022 14:09 Última actualización 05/07/2022 19:53

Este martes comeza o Campionato de Europa de vela na modalidade 49er. Con Tamara Echegoyen e Paula Barceló. A galega e a balear volven á competición tras a decepción sufrida en Tokyo. Vanse probar de cara ao gran obxectivo dos Xogos Olímpicos de París. Teñen que buscar o punto idóneo de forma para preparar o Mundial, clasificatorio para a cita de Francia. 

Echegoyen e Barceló comezaron gañando a primeira regata e na segunda acabaron na undécima posición. Pero na terceira regata da tarde un problema xusto antes da saída impediulles tomar parte e terán que reparalo para buscar a remonta na xornada do mércores. 

Mellor lle foron as cousas a Patricia Suárez, que está no posto 24º. Completaron dúas discretas primeiras regatas pero na terceira acadaron un sétimo posto que lles fixo subir na xeral. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade