Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seúl e Washington lanzan bombas guiadas para responder "ás ameazas de Corea do Norte"

Seúl e Washington lanzan bombas guiadas para responder "ás ameazas de Corea do Norte"

Pionyang lanzara horas antes un  mísil balístico intercontinental

Surcoreanos ven por televisión información sobre os últimos lanzamentos de mísles do país veciño Surcoreanos ven por televisión información sobre os últimos lanzamentos de mísles do país veciño
G24.gal 18/11/2022 10:51

Os exércitos surcoreano e estadounidense responderon hoxe o mísil balístico intercontinental (ICBM) lanzado horas antes por Corea do Norte disparando bombas guiadas a modo de proba desde cazas F-35, ademais de realizar outras manobras aéreas combinadas sobre o mar do Leste (nome que recibe o mar de Xapón na dúas Coreas).

Trátase de dúas operacións que simulan ataques preventivos e mesmo operacións de castigo contra intereses norcoreanos, no que supón unha dura mensaxe para Pionyang. Os aliados "demostraron a súa firme vontade de responder de maneira resolutiva a calquera ameaza e provocación, incluíndo un mísil balístico intercontinental (ICBM) de Corea do Norte, e a súa abafadora capacidade e disposición para atacar o inimigo con precisión".

As manobras dos aliados chegan horas despois de que Pionyang lanzase un ICBM que percorreu uns 1.000 quilómetros nuns 69 minutos, alcanzando un apoxeo duns 6.000, antes de caer a uns 200 quilómetros ao oeste das costas setentrionais xaponesas.

O lanzamento de hoxe súmase á trintena de proxectís, unha cifra récord, que disparou a principio de novembro Pionyang en resposta a unhas grandes manobras aéreas de Seúl e Washington. 

A tensión na península está a alcanzar cotas inéditas ante as repetidas probas de armas norcoreanas, as manobras dos aliados e a posibilidade de que, tal e como indican os satélites, o réxime de Kim Jong-un xa estea listo para realizar a súa primeira proba nuclear desde 2017. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade