Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sete persoas morren por disparos nun ataque a unha sinagoga en Xerusalén leste

Sete persoas morren por disparos nun ataque a unha sinagoga en Xerusalén leste

O atacante foi abatido pola policía israelí

G24.gal 27/01/2023 21:20 Última actualización 27/01/2023 21:35

Sete persoas morreron este venres por disparos nun ataque armado preto dunha sinagoga.

O incidente produciuse en Neve Yaakov, un asentamento de colonos xudeus en Xerusalén leste ocupado, onde se despregou un amplo dispositivo policial.

O atacante deuse á fuga pero a policía matouno pouco despois.

O atentado foi celebrado polas milicias palestinas de Hamás como vinganza pola morte o xoves de 10 palestinos por forzas israelís.

Pola súa banda, a xihad islámica celebrou "a operación heroica que demostra que o inimigo só entende a linguaxe da forza" e "que o pobo palestino vive en unidade política e xeográfica".

A medida que a noticia do ataque se difundía nos medios, escoitábanse celebracións en cidades palestinas de Cisxordania ocupada, como Ramala, Yenín e Nablus, así como no campo de refuxiados de Shuafat, en Xerusalén este.

Este incidente prodúcese no medio dunha escalada do conflito israelí-palestino.

Este venres Israel bombardeou a Franxa de Gaza en represalia polo lanzamento de varios foguetes desde o enclave costeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade