Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda, disposto a recibir os líderes do BNG e do PSdeG

Rueda, disposto a recibir os líderes do BNG e do PSdeG

O presidente da Xunta proclamou que quere unha Galicia "harmonicamente e orgullosamente bilingüe", fronte ás críticas de Ana Pontón, que acusou o PP de "roubar" o galego ás novas xeracións

Álvarez cualificou a Rueda de presidente "pouco relevante" e "tutelado", mentres que Rueda instou o PSdeG a abandonar o seu "sucursalismo" do Goberno central

Foi a primeira sesión de control ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda

G24.gal 25/05/2022 08:10 Última actualización 25/05/2022 12:23

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, avanzou este mércores a súa disposición para reunirse coa líder do BNG, Ana Pontón, e co secretario  xeral do PSdeG, Valentín González Formoso.  

Así o anunciou na sesión de control da Cámara galega, a primeira que afronta desde que foi investido presidente da Xunta de Galicia tras a marcha de Alberto Núñez Feijóo para liderar o PPdeG.  

Na sesión, o portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, volveu reclamar ao titular da Xunta que reciba o novo secretario  xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, quen non foi recibido por Feijóo desde a súa elección como xefe de filas dos socialistas galegos.  

Tras iso e en resposta á pregunta formulada pola nacionalista Ana Pontón, Rueda trasladou a súa disposición para manter un encontro tanto co líder do PSdeG como coa portavoz nacional do BNG. "Adianto que, por suposto, se vostedes mo piden, entendo que vostede nos deberes que me puxo, pídeme que a reciba (en referencia a Ana Pontón), fareino; e se o líder do Partido Socialista pídemo, tamén o fareii sinalou. "É o meu deber nese espírito institucional", apuntou. 

Rueda proclama que quere unha Galicia "bilingüe" e sen "sucursalismos"

O presidente da Xunta proclamou que quere unha Galicia "harmonicamente e orgullosamente bilingüe" en castelán e galego, á vez que rexeitou calquera "sucursalismo" para solucionar os problemas da comunidade e volveu a defender o seu "estilo propio".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusou o PP de "roubar" o galego ás novas xeracións, coas súas políticas de "acoso e derriba" do idioma propio, ao que a Rueda replicou que é o BNG o que quere "asfixiar" a lingua galega e utilizala de elemento de confrontación para "dar carnés de bos e malos" en Galicia. 

Pontón sacou a Rueda a fotografía da súa participación, o 8 de febreiro de 2009, "na indigna" manifestación convocada pola plataforma Galicia Bilingüe, unha asociación que na súa opinión só defende o "monolinguismo" en castelán.

Por iso, pediulle a Rueda que "rectifique" esta política e adopte medidas para mellorar o uso do galego, porque segundo recriminou, os datos da Real Academia Galega (RAG) e o Instituto Galego de Estatística (IGE) mostran que "o galego é a única lingua de todo o Estado que perde falantes" cun 24 % de menores de 14 anos que non saben expresarse nela e un 30 % que non sabe escribila, segundo afirmou.

Rueda dixo, pola contra, que en Galicia por primeira vez aumentaron os galegofalantes desde que hai estatísticas, polo que cre que Pontón "manipula" os datos, xa que, segundo o IGE, o 52 % da poboación fala só galego ou ten esta lingua como predominante, e o 75 % usa este idioma a diario.

Uns datos que cre que non son froito da casualidade, senón das políticas da Xunta que non quere unha poboación "só  monolingüe en galego nin en castelán" senón unha convivencia entre as dúas linguas "harmónica e cordial". 

Por outra banda, instou o PSdeG, que lle preguntou sobre as súas medidas para mellorar a difícil situación actual tanto a nivel económico como en servizos públicos, a abandonar o seu "sucursalismo" do Goberno central, á vez que defendeu o seu "estilo propio" como presidente para resolver os problemas dos galegos.

Así, asegurou que non reclama para Galicia especificamente o mesmo trato que para Cataluña ou a Comunidade Valenciana, senón "un trato xusto" por parte do Executivo central e que non priorice unhas comunidades sobre outras por "intereses partidarios".

Para Rueda, o PSdeG segue a estratexia do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de "descualificación e cortinas de fume", ao dicir que "a culpa é de Putin" ante calquera problema económico, como a inflación, ou sacar "as historias de espías", en referencia escóitalas telefónicas denunciadas co sistema Pegasus.

Álvarez lamentou que Rueda aprendese "ben do seu xefe", en referencia ao seu antecesor no cargo, Alberto Nuñez Feijóo, no que se refire a "botar balóns fóra, culpar os demais e vender como éxitos cosas que dependen doutros gobernos" e esgrimiu un gráfico para destacar que Galicia é a sexta comunidade que máis fondos europeos  Next Generation recibe.

De feito, cualificou a Rueda de presidente "pouco relevante" e "tutelado" e instoulle a cambiar o rumbo tras o "xogo de cadeiras" que, ao seu xuízo, a Xunta e o PPdeG realizaron no últimos tres meses, desde que a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, "decidiu que Galicia tiña que cambiar de presidente". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos