Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os cribados de cancro de mama adiántanse ás mulleres de 45 anos e estenderanse ata os 74

Os cribados de cancro de mama adiántanse ás mulleres de 45 anos e estenderanse ata os 74

Anunciouno esta mañá o presidente da Xunta no Parlamento de Galicia

Van chamar as mulleres a partir de 45 anos e as probas ampliaranse ata os 74

G24.gal 25/01/2023 09:22 Última actualización 25/01/2023 18:20

O Sergas vai ampliar os cribados de cancro de mama. Van chamar as mulleres a partir de 45 anos, e as probas ampliaranse ata os 74. En total, citarán 200.000 mulleres máis. Anunciouno esta mañá o presidente da Xunta no parlamento de Galicia.

 

Sesión de Control no Parlamento de Galicia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, respondía esta mañá na sesión do control parlamentario a unha pregunta do BNG sobre a alza de prezos e a outra cuestión do PSdeG acerca das necesidades urxentes dos galegos e de como facerlles fronte.

O oposición criticou a Rueda por non adoptar políticas de loita contra a inflación e o encarecementro da vida. Rueda ofreceulles aos socialistas un catálogo de medidas sociais concretas. Ao BNG o presidente acusouno de facer política de aparencias e non de xestión real dos problemas.

O Goberno pide á oposición que apoien unha iniciativa para reformar esa lei do "si é si"

No Parlamento de Galicia tamén se falou esta mañá da lei do 'só si é si'. O Goberno galego pediu aos grupos parlamentarios que apoien unha iniciativa para reformar esa lei.

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, di que hai que dicirlle ao Executivo que errou con esta norma e que ten que rectificar.

O Parlamento condena o Holocausto e alerta do perigo do odio e o racismo

O Parlamento galego condenou este mércores o Holocausto e alertou dos perigos "do odio, o fanatismo, o racismo e os prexuízos".

Un ano máis, o Parlamento autonómico súmase así á conmemoración anual en memoria das vítimas do Holocausto -entre as que se contan tamén galegos-, que foi fixada o 27 de xaneiro pola Asemblea Xeral da ONU en 2005.

Mediante unha declaración institucional lida polo presidente da Cámara, Miguel Santalices, o Parlamento insta á Xunta a traballar contra os posibles brotes de racismo, xenofobia, antisemitismo e outras discriminacións baseadas na orixe étnica ou as crenzas relixiosas ou en calquera outra circunstancia e "condena sen reservas" calquera manifestación de intolerancia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar