Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un barrio de Viveiro no conta con accesos para vehículos de emerxencias

Un barrio de Viveiro no conta con accesos para vehículos de emerxencias

Á Misericordia non poden pasar ambulancias nin bombeiros, entre outros servizos

A pista que chega ata as vivenda ten dous metros de ancho e unha curva pechada

Os veciños levan décadas reclamando a construción dunha estrada en condicións

Félix Aragunde 26/01/2023 13:59

De dous metros de ancho e cunha curva pechada. Así é o único acceso de que dispoñen as vivendas do barrio da Misericordia, en Viveiro. Como resultado, non poden pasar os vehículos de emerxencias, como ambulancias ou coches de bombeiros, ademais doutros servizos.

Os veciños sinalan que levan toda a vida reivindicando que se habilite un acceso ao barrio en condicións. Aseguran que hai 20 anos xa estaba proxectado, pero nunca chegou a construírse.

Hai tres meses, os afectados entregaron un escrito con medio milleiro de sinaturas, pero polo momento non obtiveron resposta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade