Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ofrecen 6.000 euros a quen atope a José Luis, desaparecido en Friol hai dúas semanas

Ofrecen 6.000 euros a quen atope a José Luis, desaparecido en Friol hai dúas semanas

Coa recompensa o Concello e a familia queren reactivar a busca

Os carteis anunciando a recompensa están por toda a vila de Friol
G24.gal 21/09/2022 14:03

En Friol hai carteis coa foto de José Luis e coa cantidade da recompensa ademais dos teléfonos aos que chamar en caso de atopar ao desaparecido.

A familia e o Concello promoveron unha nova iniciativa para buscar ao ancián de 80 anos. A idea é seguir coa procura desde outra perspectiva, de forma que máis xente se sinta atraída por atopalo.

Con esta recompensa o que pretenden a familia e o concello é manter viva a busca de José Luis que desapareceu o 4 de setembro. A única pegada fiable que deixou é o seu coche que está neste monte da parroquia de Carballo a onde veu o día da desaparición a ver unhas leiras.

Agora mesmo quedan patrullando a zona axentes da Garda Civil e do GES de Friol. Pasaron case 20 días sen que haxa avances. Os numerosos operativos de procura non deron os seus froitos.

As batidas con voluntarios vanse reactivar nas fins de semana e está previsto que mañá un grupo especial da Garda Civil con cans se desprace dende Madrid ata a zona onde desapareceu para tentar dar con José Luis. 

Sen máis resultados esperanzadores, os familiares tratan de levantar a moral do todos os que están axudando e seguir buscándoo.

O único que se soubo o 10 de setembro é que un transportista alertou de que o vía na parroquia de Condes, polo que a procura ampliouse a esa área, así como a Guntín e Palas do Rei.

No dispositivo de procura dos primeiros días chegáronse a mobilizar 200 efectivos. Cando desapareceu levaba pantalóns de cor marrón, chaqueta negra, botas e unha gorra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade