Publicador de contidos

Publicador de contidos

A feira gastronómica L de Lugo exhibe a riqueza culinaria do noroeste

A feira gastronómica L de Lugo exhibe a riqueza culinaria do noroeste

O sector da distribución exhibe fortaleza e unión na segunda edición do evento

G24.gal 25/09/2022 19:41 Última actualización 25/09/2022 20:45

A feira L de Lugo serve como escaparate dos produtos que venden pero tamén é un punto de encontro do sector da distribución de hostalería e alimentación.

É a segunda edición dun evento na que o sector da distribución reivindica o seu lugar, despois de que na pandemia o sector se decatara de que era necesario un corporativismo maior.

Calcúlase que cada unha das pequenas ou medianas distribuidoras factura unha media de entre tres e cinco millóns de euros ao ano. 

En total, hai máis de 90 postos e a organización aspira a converter a feira no evento gastronómico máis importante do noroeste peninsular. 

Cada media hora hai exhibicións de cociña e, cada hora, de catas e maridaxes. Agárdase que ata a clausura, este luns ás 21:00 horas, pasen polo pazo de Congresos de Lugo unhas 10.000 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade