Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santiago Ferrer: "Non dou visto aínda cando vou parar. Non hai anos, hai ganas"

Santiago Ferrer: "Non dou visto aínda cando vou parar. Non hai anos, hai ganas"

O histórico atleta e adestrador foi homenaxeado no Trofeo Virxe da Peregrina polos seus 50 anos na Ximnástica

G24.gal 17/07/2022 11:22

O XLVI Trofeo Virxe Peregrina  puxo punto e final ao Circuito de Atletismo de Pista de Pontevedra 2022, nunha cita incluída no calendario nacional. Serviu ademáis para render homenaxe a Santiago Ferrer, que neste ano celebra as bodas de ouro no club organizados a Ximnástica de Pontevedra.

O gran protagonista do día pasou pola sección de "Galicia en Xogo" da Radio Galega.

"Foi moi emotivo, foi de sorpresa, teño un subidón. Estou coa familia deportiva, a outra xa está sempre porque se non, non sería posible isto. Cando din que cumples este anos miras cara atrás e pensas en cantas cousas pasaron, o que viviches tanto como atleta como de adestrador, moitas anécdotas, logros"

Ferrer falou das súas preferencias e do futuro. 

"Agora toca ser adestrador. Sigo competindo, cada ano fágome unha proba e o meu obxectivo é non empeorar. Pero estou centrado na faceta de adestrar. Eu síntome capacitado para ensinar calquera disciplina, pero se teño que escoller serían os lanzamentos e as combinadas. Vou día a día, isto é carrocería pero tamén motor. Non son quen de ver aínda cando tocará parar. Vou ano a ano, nestes casos non é cuestión de tempo, senón de gañas"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade