Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez anuncia a contratación de 1.500 traballadores para Navantia

Sánchez anuncia a contratación de 1.500 traballadores para Navantia

G24.gal 10/03/2023 12:00 Última actualización 10/03/2023 21:20

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou que a empresa pública Navantia contratará nos próximos anos 1.500 traballadores para os seus tres centros de Cádiz, Ferrol e Cartaxena.

Pedro Sánchez deu a coñecer esta creación de emprego público nunha breve intervención sen preguntas tras visitar o Barcelona Supercomputing Center, na Universidade Politécnica de Cataluña-Barcelona Tech.

O presidente do Goberno dixo que as contratacións en Navantia son o resultado "dos contratos nacionais e internacionais que está a conseguir a empresa recentemente. Uns contratos que potencian e afianzan unha industria que ten moito presente e aínda máis un futuro, como é a do naval".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos