Publicador de contidos

Publicador de contidos

Salvavidas autopropulsados e teledirixidos para rescates no mar

Salvavidas autopropulsados e teledirixidos para rescates no mar

Opéranse a distancia e pode traballar en condicións moi adversas

Son deseño e patente portuguesa e estanse distribuíndo por todo o mundo
 

Simulacro de rescate no porto de Marín cun salvavidas U Safe
G24.gal 21/06/2022 14:44

Está especialmente deseñado para facilitar o enganche dos náufragos e dotado tecnoloxicamente para operar de forma autónoma no caso dun rescate mariño.

 "Pode actuar en calquera situación para poder recoller a alguén no mar e en condicións mesmo moi adversas, informa Domingo Fernández, administrador xeral de Gaexcon.

Dúas turbinas propulsan esta máquina que pode acadar os 15 quilómetros por hora e arrastrar varias persoas a un tempo xa que soporta ata 240 quilos de peso.

 "Ten unha autonomía duns  35 minutos aproximadamente e pode acadar en función da altura que estea o mando uns 500 metros neste momento", continúa.

O U Safe, que é como lle chaman a este salvavidas, presentouse no porto de Marín baixo a atenta mirada dos armadores.

"Cremos que é un bo dispositivo para poder incorporar á nosa frota. Nós valorarémolos internamente e se vemos que hai un interese e vemos que é unha ferramenta eficaz non teriamos ningún inconveniente en implantalo en todos os nosos buques", apunta Juan Carlos Martín, xerente de Opromar.

 "Está pensado para pesca, para embarcacións de recreo, para praias, para peiraos, para onde haxa risco dunha persoa na auga e haxa que recollela", explica  Domingo Fernández, administrador xeral de Gaexcon, a empresa galega distribuidora para toda España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade