Publicador de contidos

Publicador de contidos

Salvador Illa afasta agora a posibilidade dunha consulta popular en Cataluña

Salvador Illa afasta agora a posibilidade dunha consulta popular en Cataluña

Os independentistas cataláns non renuncian á súa demanda histórica

G24.gal 15/12/2022 14:47

Os socialistas pechan a porta ao referendo de autodeterminación que pide Esquerra Republicana. A posibilidade dunha consulta pactada sobre o autogoberno que deixaba aberta a formación en Catañuña dá un paso atrás. O líder do PSC desbota agora esta vía.

"A única consulta que se vai convocar en Cataluña é a das próximas eleccións municipais. Non haberá referendo de autoeterminación".

O referendo de autodeterminación é unha demanda histórica dos independentistas cataláns á que non renuncian. Coa reforma do delito de malversación xa encarrilado, Esquerra Republicana de Cataluña, avanza un chanzo máis: "Hai 91 anos que defendemos a autodeterminación de Cataluña. É a nosa proposta. Non queremos que ninguén se escandalice pero cremos que votar é bo para resolver conflitos", explicaba Gabriel Rufián. 

Desde Unidas Podemos defenden a celebración da consulta."Creo que é lexítimo por unha forza democrática facer unha proposta que é política", dicía Ione Belarra. 

Unha proposta que Yolanda Díaz enmarca dentro da mesa de diálogo: "Sempre me van atopar dialogando, na mesa de diálogo. Camiñando para o que debe ser a democracia que é conversar e chegar a acordos".

A supresión do delito de sedición e a modificación da malversación votarase esta tarde no Congreso para pasar logo o trámite do Senado e entrar en vigor antes de que remate o ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade