Publicador de contidos

Publicador de contidos

Salobreña anula o empadroamento de Macarena Olona

Salobreña anula o empadroamento de Macarena Olona

Está en perigo que a candidada de Vox en Andalucía poida presentarse ás eleccións

G24.gal 20/05/2022 17:00

A alcaldesa socialista de Salobreña (Granada), María Eugenia Rufino, ditou este venres unha "resolución de inicio de baixa de oficio" do padrón municipal da candidata de Vox á Junta de Andalucía, Macarena Olona, en tanto que as investigacións practicadas pola Policía Local tras "varias visitas" ao domicilio en que está empadroada nesta localidade "impiden acreditar que reside na vivienda".  A resolución outorga 15 días de prazo para alegacións. 

O Concello de Salobreña encargáralle á Policía Local que realizara as actuacións procedentes para verificar se a candidata de Vox nas eleccións do 19 de xuño "reside habitualmente no municipio" para valorar, se procede, "o inicio do correspondente expediente de baixa de oficio" do padrón municipal "por inscrición indebida".

Macarena Olona, pola súa parte, di que é un "boato" a polémica sobre o seu empadroamento fraudulento en Salobreña e culpa o "binomio PP-PSOE" porque "están aterrados".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade