Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sabotada a páxina web do Concello de Monforte por un ciberataque con orixe en Rusia

Sabotada a páxina web do Concello de Monforte por un ciberataque con orixe en Rusia

Os informáticos cren que foi un ataque indiscriminado de 'spam'

O ataque non afectou a Sede Electrónica, pódense seguir facendo os trámites habituais

G24.gal 02/02/2022 15:13

Curiosa a historia que nos leva agora ata Monforte. A páxina web do Concello sufriu un ciberataque nestes últimos días. Os informáticos apuntan a que esa sabotaxe tería a súa orixe en Rusia.

Os informáticos están a realizar unha limpeza total web e din que volverá a estar operativa en dous ou tres días. De momento cando se trata de entrar nela o que se ve e contido publitario, que é o que xustamente o Concello define como un ciberataque de spam, realizado por un pirata informático ruso. Os informáticos pensan que non foi un ataque dirixido concretamente ao concello senón un ataque masivo de spam indiscriminado, que non lles pediron nada e non se perdeu nin se roubou nada, polo que pode estar tranquila a cidadanía de Monforte.

O ataque non afectou a Sede Electrónica, polo que se poden seguir facendo os trámites habituais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade