Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez chega a Roma para o cumio do G-20

Sánchez chega a Roma para o cumio do G-20

Acompáñao Nadia Calviño

Reúnese con Olaf Scholz, previsible futuro chanceler alemán

Antón Montero 29/10/2021 20:39

Pedro Sánchez xa está en Roma onde durante a fin de semana participará, como país invitado, nas discusións do G-20.  O presidente do Goberno chegou á capital italiana coa vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos, Nadia Calviño.

Esta fin de semana participarán nas reunións cos principais líderes políticos do mundo para afrontar como levar a cabo a recuperación económica despois da pandemia.

Ao longo destes días Sánchez manterá varias reunións fóra do programa, a primeira hoxe mesmo. Participou nun encontro promovido polo Partido Democrático italiano en que participaron o secretario xeral desta formación, Olaf Scholz, que será probablemente quen sucederá a Angela Merkel en Alemaña e Jadinda Ardem, primeira ministra de Nova Zelandia, que interveu a través dunha videoconferencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade