Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda pídelles a PSdeG e BNG propostas realistas na rolda de contactos do luns

G24.gal 04/06/2022 15:38 Última actualización 04/06/2022 19:38

O presidente da Xunta falou das reunións que vai manter o luns cos líderes da oposición. Alfonso Rueda di que vai coa vontade de escoitar e chegar a acordos; pero pídelles a Ana Pontón e a Valentín González Formoso propostas realistas.

Tras finalizar a presentación da campaña "Camiña a Galicia" no Teatro Principal de Ourense, sinalou que ten "esperanzas" de que entre todos "sexamos capaces de chegar a unha postura común para Galicia", afastada de posicións partidistas.

Entre os temas a fixar, segundo o presidente galego, están a xestión dos fondos europeos, a carga impositiva ou as infraestruturas pendentes, xunto con "todo o que me queiran expor", asegurou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar