Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda pídelle ao Goberno non "deixar pasar o tren" dos fondos europeos

Rueda pídelle ao Goberno non "deixar pasar o tren" dos fondos europeos

O presidente explicou que a Xunta xa ten "mobilizados" os 940 millóns que recibiu dos 1.300 que ten asignados Galicia

G24.gal 30/11/2022 14:55

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, revindicou hoxe as medidas que ten en marcha o Goberno galego para aproveitar "a oportunidade histórica" que supoñen os fondos europeos para a recuperación económica, os Next Generetion. O presidente puxo de exemplo a creación de figuras como a declaración de proxectos empresariais proritarios ou a aposta pola colaboración público-privada.

Nun foro organizado en Santiago por El Economista, o presidente instou ao Goberno a mudar o modelo de repartición de fondos e criticou que Stellantis quedara fóra do primeiro PERTE da automoción. Rueda agarda que o executivo central "escoite" as propostas das comunidades autónomas para "non deixar pasar o tren" dos fondos europeos.

O presidente tamén explicou que a Xunta xa ten "mobilizados" os 940 millóns que recibiu dos 1.300 que ten asignados Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade