Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda pide unha Conferencia de Presidentes sobre aforro enerxético

Rueda pide unha Conferencia de Presidentes sobre aforro enerxético

O presidente da Xunta defendeu este luns que unha Conferencia de Presidentes é o "máis sensato e eficaz"

G24.gal 08/08/2022 13:16

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu este luns que o "máis sensato e eficaz" para pechar o debate sobre o plan de aforro enerxético aprobado polo Goberno sería convocar unha Conferencia de Presidentes "canto antes" sobre este tema.

Nun acto en Bergondo, o xefe do Goberno galego dixo que agarda que da reunión da vicepresidenta para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, cos conselleiros económicos saia un texto de "consenso sen trágalas, que sexa o máis operativo".

Rueda afirmou que el é partidario de que Pedro Sánchez convoque unha reunión de presidentes autonómicos, que sería o "peche definitivo e máis eficaz", dixo, a este debate.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade