Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda opón a "Xunta unida" do PPdeG fronte ao "Goberno dos insultos" de Pedro Sánchez

Rueda opón a "Xunta unida" do PPdeG fronte ao "Goberno dos insultos" de Pedro Sánchez

O presidente do PPdeG vai participar na interparlamentaria estatal que o partido celebra este sábado en Toledo

G24.gal 12/09/2022 20:59

O presidente do PP de Galicia Alfonso Rueda participa este sábado na reunión interparlamentaria estatal do seu partido que se vai celebrar en Toledo.

No comité de dirección do PPdeG deste luns en Santiago, dixo que achegará a experiencia dos populares galegos cun goberno estable unido e solvente.

Fronte á Xunta apoiada por catro maiorías absolutas, opón o que chama "o goberno dos insultos" que lidera Pedro Sánchez, que "descualifica" en vez de responder a asuntos urxentes como a falta de médicos, os proxectos galegos que optan a fondos europeos ou os trens Avril.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade