Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda augura "peche de ano fantástico" e récord de turistas polo Xacobeo

Rueda augura "peche de ano fantástico" e récord de turistas polo Xacobeo

O presidente da Xunta avanza que haberá "máis sorpresas" nos próximos meses en forma de concertos

G24.gal 25/08/2022 14:27

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, augurou un "peche de ano fantástico" en Galicia desde o punto de vista turístico, xa que se rexistrarán cifras récord de visitantes polo tirón do Xacobeo.

En declaracións aos xornalistas antes de percorrer un tramo do Camiño Portugués en Pontevedra xunto co presitendo PP, Alberto Núñez Feijóo, Rueda adiantou que "todo fai pensar" que agosto concluirá con máis de 300.000 compostelas seladas, as credenciais da peregrinación, máis que no mesmo mes de 2019.

Estes datos, segundo o presidente galego, supoñen moitos máis peregrinos porque "non todos as recollen", situando nun 30 % os camiñantes que non recollen a súa acreditación.

"Estamos a bater récords", sinalou Alfonso Rueda, que asegurou que desde o sector avánzanlle que a alta afluencia de peregrinos en viaxes organizadas "vai seguir" nos meses de setembro e outubro.

Tras reiterar que o Xacobeo "está a ser fantástico" para Galicia, Rueda celebrou que se logrou transmitir que "somos un destino seguro e de natureza" que, ao seu xuízo, "é o que buscaba moita xente tras a pandemia".

Con respecto á programación musical do Ano Santo, o titular da Xunta garantiu que "haberá máis sorpresas" nos próximos meses, en forma de concertos e "impactos" do Xacobeo, para o que xa están a ver a dispoñibilidade dos artistas.

O presidente galego destacou que "un dos grandes acertos" deste ano foi "descentralizar todo o que significa o Xacobeo", de forma que as actuacións musicais de renome "cheguen a todos os puntos de Galicia" e non se limiten a Santiago. "Sen dúbida, haberá máis actuacións e seguiremos programando nestes catro meses", sentenciou. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar