Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban máis de vinte imaxes de capelas de panteón nun cemiterio de Arteixo

Rouban máis de vinte imaxes de capelas de panteón nun cemiterio de Arteixo

Ademais do custo, os donos dos panteóns e o párroco destacan o valor sentimental das pezas roubadas

Imaxe deste luns de panteóns de Larín coas capelas en que estaban tres das imaxes roubadas
G24.gal 10/10/2022 14:07

O cemiterio de Larín, en Arteixo, foi obxectivo este venres dunha acción que ten antecedentes próximos noutros camposantos da zona; o roubo de imaxes de metal de dentro de capelas dos nichos. Esta mañá había máis de vinte baleiras e, polo visto, aos autores non lles deu tempo ou non puideron levalas todas.

Unha delas, a de María, que este luns veu comprobar como estaba a súa propiedade. Di esta veciña que veu mirar polo seu panteón e engade que lle parece "un desastre total" que pasen estas cousas, e quéixase de que vaian roubar a un cemiterio.

Suponse que quen as levou foi para sacarlle proveito económico. Ademais do custo, os donos dos panteóns e o párroco destacan o valor sentimental que representan as pezas roubadas.

"Dicían que algunhas custaban bastante, porque son figuras macizas. Pero eu non sei o prezo que teñen. Que teñen o seu valor. Pero maior é o sentimento e o que representan como cariño da familia cos defuntos", di Jacinto Collazo Gantes, párroco de Larín.

Rosario, outra veciña da parroquia,  sinala que o roubo das imaxes foi en dúas veces, polo menos unha de día: "Pasei por aquí e xa faltaban as de abaixo, e despois a veciña, Maruja, díxome que a dela non faltaba. E sería a unha e cuarto e díxome que foramos ver. A xa vin que lle faltaba a súa tamén, e volvemos e xa faltaban todas as de abaixo".

"Pola mañá", explica o párroco, "estaban as imaxes nas súas capelas da parte nova do cemiterio e logo, de doce e media a unha media, tivo lugar a segunda parte do roubo".

O párroco cita os de Armentón e Lañas como dous cemiterios veciños en que houbo roubos similares nos últimos días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade