Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban en dous minutos nunha tenda da Estrada e levan 5.000 euros en móbiles

Rouban en dous minutos nunha tenda da Estrada e levan 5.000 euros en móbiles

A policía busca os ladróns

Un veciño conseguiu gravar os autores do roubo

Un dos ladróns abandona a tenda co botín nun saco
Ana Lois 29/11/2021 20:49

Era a unha menos cuarto da noite e unha banda de delincuentes entraba a golpes nunha tenda de telefonía do centro da Estrada. Romperon o escaparate cun mazo. O barullo acordou os veciños. 

Javier Alonso, dono da tenda: "Uns oito, nove, dez golpes ben dados cun mazo. Romperon o cristal, fixeron un burato e volveron darlle máis para abrir máis o furado. Os veciños gravaron e foron os que me chamaron. O ruído era moi forte".

Estas son as imaxes que conseguiu gravar un dos veciños. 

"Os de dentro falaban español e o de fóra romanés ou un idioma así. Levaban luvas, a porta tocárona un monte de veces, colleron unha caixa, puxérona diante da porta, pero pegadas non creo, porque levaban luvas", di Javier Alonso, dono da tenda.

Os ladróns foron directos ao almacén. Colleron un ordenador e uns 30 móbiles valorados en máis de 5.000 euros. En apenas dous minutos xa saíran da tenda. Todo parece indicar que se trata dunha banda de profesionais. Tres homes encapuchados fuxiron co botín metido nun saco. Saíron á contramán en coche, un audi A-6 roubado e matriculado en Toledo. Agora a policía anda á procura dos ladróns.

En 9 anos de negocio é a primera vez que o dono deste negocio ten que facer fronte a un roubo destas caracerísticas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade