Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta reclama a unificación dos exames da ABAU de toda España

A Xunta reclama a unificación dos exames da ABAU de toda España

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, cre que o sistema actual xera desigualdade, porque hai 17 modelos de exame con diferente nivel de esixencia

G24.gal 08/06/2022 08:42

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, volveu reclamarlle hoxe ao Goberno central que unifique as probas de acceso á universidade para que tódalas Comunidades teñan un modelo similar ou "o máis parecido posible".

Nunha entrevista no Galicia por diante, Rodríguez argumentou que o sistema actual é inxusto, porque "para entrar na universidade hai unha porta única no conxunto do sistema universitario español; con todo, hai 17 modelos de exame de diferentes niveis de esixencia".

O conselleiro di que os alumnos galegos obteñen mellores resultados que os doutras comunidades no Informe Pisa, que mide o nivel de competencia dos estudantes, pero sacan peores notas na ABAU que os alumnos deses territorios.

Sobre a posibilidade de aumentar o número de prazas nos graos máis demandados en Galicia, como Medicina, Rodríguez apuntou que "é un proceso complexo, porque o número de persoas se acorda nunha comisión onde están as tres universidades e as consellerías de Sanidade e Educación".

Tamén se referiu o conselleiro ao recurso que presentará a Comunidade de Madrid contra o novo currículo de bacharelato. Cualificou de "mala" a parte estatal do currículo, con eivas que xa se corrixiron na parte autonómica da programación: "Madrid optou por outro modelo, que respectamos absolutamente, pero nós pensamos que estas cuestións as encamiñamos desde a perspectiva da parte proporcional que temos as CC. AA. no desenvolvemento dos currículos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade