Publicador de contidos

Publicador de contidos

Robles confirma en Ferrol que España enviará máis armas a Ucraína

Robles confirma en Ferrol que España enviará máis armas a Ucraína

A ministra de Defensa visitou o estaleiro de Navantia, onde coñeceu o programa das fragatas F-110

Robles non deu detalles sobre o novo envío armamentístico por razóns de seguridade

G24.gal 11/03/2022 14:47

A ministra de Defensa, Margarita Robles, evitou este venres ofrecer calquera "tipo máis de detalle" sobre un próximo envío de armas a Ucraína ante a invasión de Rusia, pero confirmou que o país solicitou armamento adicional "para exercitar o seu dereito de lexítima defensa". 

En declaracións aos xornalistas en Ferrol, asegurou que os ucraínos afrontan con "unha resistencia heroica" o conflito. "Somos absolutamente solidarios co pobo de Ucraína", expresou.

A titular de Defensa resaltou que nun "breve espazo de tempo" realizarase outro envío, pero non achegou máis detalles ao aludir a razóns de seguridade". Si indicou que os "envíos non son fáciles" porque hai "outros países implicados" e encargados de tarefas como o traslado do propio material. 

Robles tamén puntualizou que tres barcos da Armada española están incorporados ao dispositivo da OTAN en zonas próximas a Ucraína. Así, referiuse ás unidades  Blas de Lezo, Meteoro e Sella. De feito anunciou que visitará ás súas dotacións, que permanecen nunha base da illa grega de Creta, o próximo 18 de marzo.

A ministra sinalou que están a desenvolver "un labor magnífico" a prol da "estabilidade e de preservar a paz na zona". 

O contrato das fragatas en Navantia Ferrol permitirá crear 9.000 empregos O contrato das fragatas en Navantia Ferrol permitirá crear 9.000 empregos

A construción de fragatas F-110 comezará en marzo en Navantia Ferrol

A ministra de Defensa, Margarita Robles, confirmou tamén que as tarefas para la construción de fragatas da serie F-110 para a Armada española comenzará o 23 de marzo con subministro de chapa para o primeiro navío no asteleiro de Navantia en Ferrol.

Confirmouno tras unha visita ao asteleiro para analizar o programa de construción que "vai ser carga de traballo para Ferrol durante dez anos", cun contrato que permitirá crear 9.000 empregos.

A primeira unidade podería estar concluida para a entrega á Armada "se todo vai ben en 2027" e salientou que se trata dun plan "esencial para a Armada, indisolublemente unida a Ferrol".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos