Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ribera di que non se liquidou ningunha concesión de ocupación de costas compatible coa lei

Ribera di que non se liquidou ningunha concesión de ocupación de costas compatible coa lei

O PP di que a modificación da lei afecta a miles de propiedades e negocios no litoral

G24.gal 02/11/2022 19:31

A vicepresidenta terceira e ministra de Transición Ecolóxica asegurou no Congreso que a modificación da lei de costas non afectou a ninguén que teña unha concesión compatible coa norma.

Teresa Ribera defendeu a constitucionalidade e seguridade xurídica duns cambios que para o PP ameazan de xeito arbitrario milleiros de propiedades, vivendas e negocios en todo o litoral español.

"Pon todo en risco, a seguridade xurídica, a propiedade privada, pero tamén o ambiente que di protexer. Porque son estas familias e estes negocios aos que vostede ataca os que levan décadas protexendo esta contorna", asegurou a deputada balear Margalida Prohens.

Os populares pedíronlle á ministra que atenda as reclamacións dos afectados e das administracións que como a Xunta de Galicia presentaron recurso contra as modificación da lei de costas.

"Non fan máis que facer ruído, pero por moito que se empeñen non hai absolutamente ninguén que vira liquidada a súa concesión cando é compatible coa lei.", contestoulle Teresa Ribera.

A  ministra dixo que pola contra as modificacións dan seguridade e non só xurídica. Asegurou que España ten moito en xogo, en seguridade das persoas, en seguridade das infraestruturas e en seguridade económica pola ameaza do cambio climático.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade