Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ribera confía nunha suba moderada no prezo do gas que Alxeria vende a España

Ribera confía nunha suba moderada no prezo do gas que Alxeria vende a España

A ministra de Transición Ecolóxica confía en que as negociacións iniciadas en outubro se pechen canto antes 

G24.gal 07/04/2022 16:17

A empresa estatal alxeriana Sonatrach ten a intención de subirlle o prezo do gas a España, dixo a vicepresidenta terceira do Goberno e Ministra de Transisión Ecolóxica, Teresa Ribera, pero confía, engadiu, en que sexa de forma moderada.

Ribera explicou que xa o pasado outubro comezou a revisión dos prezos do gas entre as compañías españolas e a estatal alxeriana Sonatrach a raíz dunha denuncia unilateral dos contratos dunha das empresas gasísticas españolas. A compañía alxeriana decidiu entón subir o prezo para España ao contrario do decidido para o resto de compradores europeos.

Os prezos de Sonatrach, dixo Ribera, están moi por baixo dos vixentes nos mercados internacionais. A ministra confía en que as negociacións se poidan pechar canto antes.

A preguntas sobre se cre que a nova postura de España no tocante ao Sáhara Occidental pode prexudicar a subministración de gas de Alxeria, Ribera asegurou que o Goberno desexa ter unha relación excelente tanto con Marrocos como con Alxeria e que as negociacións son estritamente comerciais e non entre gobernos.

Asegurou que Alxeria é un país fiable, que cumpre os seus compromisos co que España ten garantida, di, a subministración de gas nos termos en que o vén mercando desde hai tempo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar