Publicador de contidos

Publicador de contidos

As obras do tren Lugo-Ourense atrásanse pola crise de materias primas e a renuncia de empresas

As obras do tren Lugo-Ourense atrásanse pola crise de materias primas e a renuncia de empresas

Seis empresas renunciaron a obras de electrificación polo encarecemento dos materiais

Os retrasos poderían impedir que Adif cumpra a previsión de rematar as obras en 2023

G24.gal 24/01/2022 14:35

Todas as obras deberían estar rematadas en 2023, pero ese cronograma de Adif e do Ministerio de Transportes non se vai poder cumprir. Algunhas, a de Sarria, non estarán listas ata 2024, e por se fose pouco, o proxecto de electrificación na vía Monforte-Ourense quedou deserto.

Saíra a licitación por 25 millóns de euros, pero agora todas as empresas renunciaron ás obras porque o custo a día de hoxe sería moito maior polo encarecemento nos últimos tempos das materias primas.

A Xunta di que Galicia cumpriu cos seus compromisos, e pídelle o mesmo ao Goberno central para que tome medidas.

Agora, queda por ver o que ocorre cos proxectos da liña Lugo-Ourense que están aínda pendentes de adxudicación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade