Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan san e salva unha anciá de 87 anos nunha zona de monte inaccesible en Cerdedo-Cotobade

Rescatan san e salva unha anciá de 87 anos nunha zona de monte inaccesible en Cerdedo-Cotobade

Localizárona voluntarios de Protección Civil á medianoite nunha zona inaccesible

Teresa Humia con Santi, un dos voluntarios de Protección Civil que a rescataron
G24.gal 20/09/2022 14:02

Final feliz para o rescate dunha anciá de 87 anos que desaparecera o sábado pola tarde en Cerdedo-Cotobade cando saíu pasear. 

Teresa Humia é unha monxa franciscana de 87 anos. Vive en Vilagarcía pero é natural de Aguasantas, e cando volve á casa gústalle dar un paseo polas súas leiras. Pero o sábado meteuse por sendeiros cheos de maleza, fíxose de noite e non era quen de regresar. Refuxiouse debaixo dunha árbore, cansa de pelexar coas silvas e rezou para que alguén a fóra buscar.

Cando se decataron da súa falta, os veciños deron a voz de alarma e púxose en marcha un dispositivo de busca. Localizárona voluntarios de Protección Civil á medianoite nunha zona inaccesible.

Teresa só ten palabras de agradecemento para os seus rescatadores e para eles localizala sa e salva foi a mellor recompensa, como explica Javier Lois, presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade.

A pesar do susto e da angustia que viviu Teresa conserva o sentido do humor e tira de retranca para resumir a experiencia: di que "mentres se conta o conto todo vai ben".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade