Publicador de contidos

Publicador de contidos

A rede de carrís bici medra en Galicia pero aínda é insuficiente para os usuarios

A rede de carrís bici medra en Galicia pero aínda é insuficiente para os usuarios

O carril bici da Coruña ocupa o penúltimo posto nun estudo da OCU que analiza 14 cidades españolas

G24.gal 31/01/2022 20:41

Un estudo da Organización de Consumidores revela que Vitoria e Sevilla son as cidades españolas cos mellores carrís bici. A única cidade galega analizada neste informe é A Coruña e ocupa o penúltimo posto dunha listaxe que pecha Madrid, que é a localidade que obtén a peor puntuación. Nós quixemos botar un ollo ao uso da bici nalgunhas poboacións galegas.

Os ciclistas percorren o paseo marítimo da Coruña de punta a punta e algunhas outras vías polo centro. Pero, ademais do respecto dos coches e dos peóns, o que dota de seguridade a un carril bici é que estea conectado.

En Vigo pódese circular de Teis a Coia sen deixar de pedalear. Os treitos máis utilizados son estes da rúa Camelias, entre a praza de América e a rúa Venezuela. Segundo o departamento municipal de Tráfico, o volume de circulación supera os 500 vehículos diarios nestes tramos.

Alén das sendas ciclistas que van en paralelo ao río Lérez, Pontevedra aposta pola mobilidade compartida logo do calmado do tráfico urbano, que non pode superar os 30km/h. O carril bici de Ourense segue sendo un proxeto e Lugo avanza nos seus primeiros 14 quilómetros de vías ciclistas. Os colectivos de usuarios composteláns reclaman prioridade para peóns e bicicletas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade