Publicador de contidos

Publicador de contidos

Renfe pon en marcha un AVE directo de Ourense a Alacante sen transbordos

Renfe pon en marcha un AVE directo de Ourense a Alacante sen transbordos

Unha frecuencia diaria en cada sentido, con paradas intermedias en Zamora, Madrid e Albacete

A viaxe dura cinco horas e o billete ida e volta custa arredor de cen euros

G24.gal 13/09/2022 22:15

Boa acollida na viaxe inaugural do tren que vai dende a Cidade das Burgas ata Alacante sen necesidade de facer transbordos. Aínda que ten tres paradas intermedias, cobre o traxecto en 4 horas 56 minutos, segundo o horario anunciado.

O convoi viaxa completo cos doce vagóns ata o destino. Renfe pon en marcha dúas frecuencias diarias, unha en cada sentido.

De Ourense sae ás 16:25 da tarde e de Alacante ás 7.10 da mañá. O billete ida e volta sitúase nos cen euros.

A compañía informou que xa vendeu case 18.000 billetes deste traxecto. É a primeira conexión directa do AVE galego con destino máis alá de Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade