Publicador de contidos

Publicador de contidos

O belga Remco Evenepoel voa na crono e reforza o seu liderado

O belga Remco Evenepoel voa na crono e reforza o seu liderado

Evenepoel é lider sólido, con Roglic segundo a 2.41 minutos

Foto EFE
G24.gal 30/08/2022 17:42 Última actualización 30/08/2022 18:06

O belga Remco Evenepoel (Quick Step) impúxose na décima etapa da Volta disputada na modalidade de contra o reloxo individual, de 30,9 km, entre as localidades de Elxe e Alacante, reforzando así a camisola vermella de líder.

Evenepoel, nunha gran exhibición, marcou un tempo de 33,18, a unha media de 55,6 km/hora, seguido polo esloveno Primoz Roglic (Jumbo Visma), a 48 segundos, e o francés Remi Cavagna, a 1 minuto.

O español Carlos Rodrígueez (Ineos) acabou cuarto a 1,22, Enric Mais (Movistar) a 1,51 e Juan Ayuso afastouse a 2,17. Na xeral Evenepoel reforza o mando, seguido de Roglic a 2,41 minutos e Mais a 3,03. Carlos Rodríguez mantense cuarto, a 3,55.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade