Publicador de contidos

Publicador de contidos

O papa bendice os mozos europeos da Peregrinación da Xuventude a Compostela

O papa bendice os mozos europeos da Peregrinación da Xuventude a Compostela

Fíxoo Francisco tras o rezo do Ángelus dominical desde a ventá do pazo Apostólico no Vaticano

O encontro clausurouse cunha celebración eucarística no Monte do Gozo

G24.gal 07/08/2022 13:34 Última actualización 07/08/2022 20:43

Os actos de peche da Peregrinación Europea da Xuventude trasladáronse xa onte ao Monte do Gozo, onde os participantes tiñan programado un serán de espectáculos musicais.

Os 12.000 rapaces e rapazas católicos reunidos en Santiago fixeron tamén vixilia de oración.

Ás dez desta mañá chegou o acto de clausura: unha celebración eucarística con medio cento de bispos e 200 sacerdotes.

Organizadores e rapaces facían un balance positivo desta peregrinación de cinco días. Moitos marchan coa vista posta en próximos encontros, en especial a Xornada Mundial da Xuventude que se desenvolverá o ano que vén en Lisboa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade