Publicador de contidos

Publicador de contidos

Recupera un piso ocupado, pero perde 12.000 euros de alugueiro

Recupera un piso ocupado, pero perde 12.000 euros de alugueiro

Tivo que negociar cos okupas e retirar a denuncia que presentara contra eles

A fiscalía podería actuar de oficio por un posible delito de extorsión

G24.gal 24/10/2022 19:23

Manuel volve entrar despois de dous anos neste piso da súa propiedade. As persoas que o tiñan alugado non pagaron ningunha mensualidade nese tempo e mesmo ameazaron e extorsionaron o dono, quen, finalmente, tivo que negociar con eles e mesmo contratar unha empresa especializada en desocupación.

En total deixou de ingresar máis de 12.000 euros e tivo que gastar en avogados e no desaloxo pactado.

Logo de meses de negociacións, Manuel conseguiu gravar as conversas en que os okupas reclamaban 5.000 euros a cambio de deixar o piso. Así, acudiu aos xulgados e presentou denuncia por extorsión.

Agora puido recuperar a vivenda a cambio de retirar dita denuncia, pero a fiscalía aínda podería actuar de oficio.

Por causa do acontecido, Manuel ten claro que tardará moito tempo en volver alugar o piso. Agás algunha raiada en paredes e mobles, o piso recuperado está en condicións moito máis favorables do que adoita acontecer nestes casos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade