Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ramón Tamames critica o "Goberno Frankestein" en vésperas da moción de censura

Ramón Tamames critica o "Goberno Frankestein" en vésperas da moción de censura

O candidato de Vox centra os dardos en Podemos e nos separatistas, pero de Sánchez di que ten "coraxe" 

Feijóo parécelle un político "razoable" e defende que España é unha "nación de nacións"

G24.gal 19/03/2023 13:54 Última actualización 19/03/2023 14:07

Ramón Tamames, xenio e figura, protagonista político inesperado hai poucos meses, amosa unha visión non extremista. En La Vanguardia di: “Sánchez ten coraxe política, o problema é Frankenstein”. Refírese ao Goberno Frankestein. En ABC: "Feijóo, ben; paréceme unha persoa razoable". Diagnóstico do problema: “O Goberno é lexítimo, o problema está en Podemos e os separatistas”.

Considera que en Vox foron valentes por escollelo para a moción:

"Porque teñen valentía de romper cos vieiros normais e din: Tamames non é dos nosos".

Agroman diferenzas substanciais con Vox. Por exemplo, en cuestións semánticas como nación e nacionalidade:

 "Teño claro que España é unha supernación. É unha nación de nacións, iso si o teño claro".

A voltas co que denomina Goberno Frankestein:

"Hai un persoal moi interesante, moi interesante de analizar, que puideran dicir hai cinco anos que querían marchar da Unión Europea, abandonar o euro e non pagar a débeda exterior".

Asegura que non é nacionalista español, pero que lle gustaría un Goberno de unidade nacional cos partidos que respectan a Constitución e a monarquía. Sobre a súa traxectoria política bota man de Darwin e da evolución das especies.

"Dinme: vostede cambiou moito. Ben, non son un fósil".

Conta que repasa o texto da moción da censura cada día. Prefire non falar da filtración do borrador e di que xa está disposto para tomar a palabra no Congreso.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade