Publicador de contidos

Publicador de contidos

Queixas en Lugo polo peche de varios pasos a nivel na vía férrea sen previo aviso

Queixas en Lugo polo peche de varios pasos a nivel na vía férrea sen previo aviso

Os cortes obrigan os veciños das parroquias de Coeo e Recimil a dar importantes rodeos

Félix Aragunde 20/09/2022 14:08

Ata catro pasos a nivel das parroquias luguesas de Coeo e Recimil foron pechados por obras co fin de modernizar a vía férrea entre Lugo e Monforte. Os cortes realizáronse en varios casos de forma simultánea e sen previo aviso, o que motivou as queixas dos veciños. Os máis prexudicados son os gandeiros da zona, aos que lles deixaron as terras incomunicadas.

Os afectados levan anos reclamando a creación de pasos subterráneos ou, cando menos, a instalación de semáforos en todos os xa existentes. Agora que están cortados, entre a ida e a volta teñen que dar rodeos de ata 14 quilómetros cos seus tractores.

Segundo o Adif, os cortes ían prolongarse ata comezos desta semana, pero a día de hoxe os traballos seguen sen estar rematados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade