Publicador de contidos

Publicador de contidos

Putin concédelle a cidadanía rusa ao exanalista da CIA Edward Snowden

Putin concédelle a cidadanía rusa ao exanalista da CIA Edward Snowden

O estadounidense recibiu este luns o pasaporte ruso

G24.gal 26/09/2022 18:35 Última actualización 26/09/2022 18:59

O presidente de Rusia, Vladimir Putin, concedeulle este luns a cidadanía rusa ao exanalista da CIA Edward Snowden, segundo o decreto publicado no portal de información da administración pública.

O estadounidense Snowden, de 39 anos, figura entre os estranxeiros que recibiron este luns o pasaporte ruso por decisión do xefe do Kremlin.

Snowden recibira asilo político en Rusia en 2013 e solicitou a cidadanía o 2 de novembro de 2020.

O seu avogado, Anatoli Kucherena, negou hoxe que o seu cliente poida ser chamado a filas no marco da mobilización para combater na guerra de Ucraína.

"Como Edward non serviu no Exército ruso, non ten práctica e experiencia militar, non pode ser mobilizado", comentou á axencia Interfax.

O exanalista da Axencia Central de Intelixencia fuxiu dos EUA tras revelar en 2013 detalles de programas de espionaxe estadounidense e é perseguido desde entón pola xustiza do seu país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade