Publicador de contidos

Publicador de contidos

Propoñen alimentar os lobos con reses mortas para protexer as explotacións agropecuarias

Propoñen alimentar os lobos con reses mortas para protexer as explotacións agropecuarias

O último censo de 2021 estimaba a existencia de 90 mandas de lobos en Galicia das que catorce se comparten con Portugal, Asturias e Castela e León

 

G24.gal 04/01/2022 16:25

Alimentar os lobos con reses mortas é a proposta do Consello Económico e Social para evitar os ataques ao gando. Apostan por esta solución, pero sempre baixo criterios científicos e cunha supervisión rigorosaUnha práctica que leva prohibida dende a crise das vacas tolas.

"Unha medida para evitar eses ataques dos lobos e resolver ese problema que existe en Galicia e que agora está de actualidade coa inclusión do lobo entre as especies silvestres a protexer no noso territorio", explica Agustín Hernández, presidente do CES.

"O lobo forma parte do noso patrimonio natural, é de todos os galegos e entre todos os galegos o podemos pagar" engade Serafín González, presidente da Sociedade de Historia Natural

España conta con máis de 2.000 exemplares de lobos, a maioría en Castela e León, pero tamén Galicia ten unha poboación elevada. A súa protección segue xerando debate. Os ecoloxistas e gandeiros están enfrontados dende que o goberno central prohibiu a súa caza.

Valos electrificados ou mastíns poderían solucionar o problema, pero para moitos gandeiros non é suficiente.

Tamén reclaman un fondo económico axustado ao mercado que cubra as perdas que os ataques do lobo lle ocasionan aos gandeiros.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade