Publicador de contidos

Publicador de contidos

Problemas de convivencia cuns veciños conflitivos no barrio lugués do Sagrado Corazón

Problemas de convivencia cuns veciños conflitivos no barrio lugués do Sagrado Corazón

A xustiza ordenou o desafiuzamento, paralizado ao recorreren contra el os inquilinos

Félix Aragunde 02/12/2022 13:17

A vintena de persoas que residen nun piso do número 2 da rúa Fontaneira, en Lugo, levan xa dez anos facendo imposible a convivencia no edificio, segundo denuncian o resto dos veciños.

Entre as molestias que lles ocasionan aos demais residentes figuran os ruídos, con música a todo volume a altas horas da madrugada, a intimidación con catro cans agresivos ou a acumulación de lixo nas zonas comúns.

Nese bloque do Sagrado Corazón viven familias con menores e xente maior, que aseguran ter problemas para descansar polas noites e que din vivir atemorizados polos inquilinos conflitivos do cuarto andar.

Para tratar de remedialo, acudiron á xustiza, que lles deu a razón, pero os moradores da vivenda problemática recorreron contra o seu desaloxo, polo que aínda non foron desafiuzados.

É un piso de propiedade municipal, pero os afectados sinalan que a integración social neste caso non funcionou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade