Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión sen fianza para o home acusado de matar a súa veciña en Vigo

Prisión sen fianza para o home acusado de matar a súa veciña en Vigo

O acusado, de 63 anos, está investigado por un presunto delito de asasinato e o xuíz tivo en conta a agravante de aleivosía

G24.gal 25/10/2022 13:16 Última actualización 25/10/2022 13:31

O maxistrado do Xulgado de Instrución número 6 de Vigo decretou este martes o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, do home detido en Vigo o pasado domingo por matar presuntamente a súa veciña. 

O acusado, de 63 anos, está investigado por un presunto delito de asasinato, segundo fontes xudiciais, e foi trasladado a primeira hora da mañá ao xulgado, que tivo en conta a agravante de aleivosía.

Ata entón, estaba baixo custodia policial desde a súa detención, que se produciu pouco despois de que supostamente matara a coiteladas a súa veciña de 56 anos.

Fontes da investigación indicaron que o homicidio se produciu sobre as nove da noite, cando a vítima tentaba entrar na súa vivenda, situada no número 70 da rúa Zamora.

Os berros da vítima alarmaron a outra veciña, que saíu ao relanzo para ver que pasaba e posteriormente avisou a comisaría.

Os axentes desprazados ao lugar dos feitos atoparon a vítima con varias puñaladas no peito e o presunto autor do asasinato, que se entregou de inmediato, coas mans ensanguentadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade