Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión provisional e sen fianza para a nai da nena morta en Xixón

Prisión provisional e sen fianza para a nai da nena morta en Xixón

A xuíza atribúelle o delito de asasinato

O avogado do pai di que poderían pedir a prisión permanente revisable

G24.gal 02/11/2022 20:09 Última actualización 02/11/2022 21:38

A nai da nena de seis anos falecida en Xixón está na cadea con carácter preventivo. A xuíza decretou para ela o ingreso en prisión provisional e sen fianza. A maxistrada atribúelle un delito de asasinato. O  decretado polo xulgado tamén era o que pedía a Fiscalía, que entendía que había risco de fuga se quedaba en liberdade provisional.

"A indefensión da nena é absoluta. Recóllea a nai o sábado ás 17:30 en Segovia e todo apunta a que esa mesma tarde a somete a un tratamento de barbitúricos. É un delito moi grave e cremos que pode estar penado coa prisión permanente, sobre todo porque incorre nun agravante de parentesco", di Ignacio Blanco, avogado do pai da nena

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade