Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión para o home acusado de agredir a puñazos a súa dona en Vigo

Prisión para o home acusado de agredir a puñazos a súa dona en Vigo

A muller recibiu unha brutal malleira e tivo que ser ingresada no hospital

O suposto autor dos feitos xa fora condenado por violencia machista

Unha rúa da parroquia de Candéan, no concello de Vigo Unha rúa da parroquia de Candéan, no concello de Vigo
G24.gal 14/10/2022 10:49 Última actualización 14/10/2022 15:12

A titular do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo decidiu o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, do septuaxenario acusado de propinar unha brutal malleira á súa dona.

A maxistrada ve indicios dun delito de intento de homicidio polos golpes que supostamente recibiu a vítima durante case dúas horas.

Na súa decisión a xuíza valorou tamén o risco de fuga e a reiteración delituosa xa que, o presunto autor dos feitos, xa fora condenado por agredir a súa muller en 2016.

Os feitos ocorreron na primeira semana de outubro no domicilio familiar da parella, na parroquia viguesa de Candeán, despois de que a muller lle comunicara ao detido a súa firme decisión de separarse.

Supostamente colleuna polo pescozo e propinoulle puñazos por todo o corpo. A vítima conseguiu fuxir e refuxiouse na casa dun familiar. Xa foi dada de alta no hospital, pero continúa baixo seguimento médico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade